DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2026 Páx. 2296

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo de dúas prazas de persoal oficial de oficios.

No Boletín Oficial da provincia núm. 189, de 3.10.2025 aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, de dúas prazas de persoal oficial de oficios en quenda libre.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 2 de decembro de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda, Patrimonio,
Recursos Humanos e Estatística