De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados nos expedientes E-1074-C e seis máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e las 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025
José Angel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Data do acordo |
|
E-1074-C |
Eduardo Abad García |
20.11.2025 |
|
DH.A15.15372 |
Miguel Ángel Pasantes Ludeña |
20.11.2025 |
|
DH.A15.16742 |
María del Carmen Fojo Pérez |
20.11.2025 |
|
DH.A36.11351 |
Pavimentos de Vilagarcía, S.A. |
20.11.2025 |
|
DH.A15.21604 |
U.T.E. Langosteira |
20.11.2025 |
|
DH.A36.13272 |
Ciudalanz, S.L. |
20.11.2025 |
|
DH.A15.8653 |
Marisa Borrazás García |
29.8.2025 |
