DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2026 Páx. 2408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de decembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A36.7138 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo das persoas interesados ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A36.7138 e tres máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideres pertinentes.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data do acordo

DH.A36.7138

Comunidade de Usuarios Caxín

26.11.2025

DH.A36.09038

Comunidade de Usuarios Vilas

26.11.2025

DH.A36.07989

Comunidade de Usuarios Devesa de Abaixo

26.11.2025

DH.A36.13893

Evaristo Reboredo Fernández

26.11.2025