DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2026 Páx. 2406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de decembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por termo do prazo de concesións de augas (expediente DH.A36.4318 e once máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente DH.A36.4318 e once máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titulares

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.4318

Manuel Casal Moldes

316 m3

Dous

mananciais

Doméstico

L: Covas
P: Tenorio (San Pedro)
C: Cerdedo-Cotobade

DH.A15.12563

Comunidade de Usuarios de Vilate

2.523 m3

Manancial

Doméstico e
gandeiro

L: O Feal
C: Vilarmaior

DH.A36.5585

Concello de Barro

36.581 m3

Manancial

Doméstico

P: Agudelo (San Martiño)
C: Barro

DH.A36.5541

Comunidade de Usuarios de Caxide e Bade

10.722 m3

Manancial

Doméstico e
pecuarios

L: Feira Doce
P: Gondomar (San Bieito)
C: Gondomar

DH.A36.5653

Antonio Rey Fondevila

30.274 m3

Manancial

Rega e
pecuarios

P: Negreiros (San Martiños)
C: Silleda

DH.A36.5787

Ramón Outón Abal

5.046 m3

Manancial

Rega

L: A Costa
P: Romai (San Xián)
C: Portas

DH.A36.5603

Comunidade de Usuarios de Braña

1.261 m3

Manancial

Doméstico

P: Cervaña (San Salvador)
C: Silleda

DH.A27.02918

María Luisa Maseda Campo

6.654.096 m3

Río Galdo

Industrial

L: Muiño das Nogueiras
C: Viveiro

DH.A27.3111

Prebetong Lugo, S.A.

2.800 m3

Río Cobo

Industrial

L: Lieiro-San Ciprián
C: Cervo

DH.A27.03540

Rafael Casabella Castro

2.523 m3

Manancial

Gandeiro

L: Portomadeiro-Cuadramón
C: O Valadouro

DH.A15.07803

Jaime Díaz Pérez e Albino Díaz Porto

11.921 m3

Manancial

Doméstico, gandeiro e rega

L: Tralo-Regueiro
C: Aranga

DH.A15.9618

Albino Victorino Fociños Pampín

0,754 l/s

Pozo

Doméstico
e rega

L: Eirixe
P: Serantes (Santaia)
C: Santiso