DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2026 Páx. 2390

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se nomean catedráticos e catedráticas de universidade (CU2401).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso por promoción interna convocados mediante resolución desta universidade do 10 de xuño de 2025 (BOE do 23 de xuño) e presentada por parte das persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria, este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e as demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 30 de decembro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

CU2401-C07-640-CU-TC-01.

Corpo:

catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento:

A0640 Nutrición e Bromatoloxía.

Departamento:

D00C07 Química Analítica e Alimentaria.

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias.

DNI:

***2608**.

Nome e apelidos:

Raquel Rial Otero.

Código:

CU2401-C07-640-CU-TC-02.

Corpo:

catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento:

A0640 Nutrición e Bromatoloxía.

Departamento:

D00C07 Química Analítica e Alimentaria.

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias.

DNI:

***7828**.

Nome e apelidos:

María de la Concepción Pérez Lamela.