Na sesión que tivo lugar o día 19 de decembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de maio de 2025 (DOG núm. 102, do 30 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (AP), escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2, o segundo exercicio é obrigatorio non eliminatorio e cualificarase de 0 a 10 puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga requirido no proceso selectivo (Celga 2 ou equivalente).
Segundo. Realizada a corrección do segundo exercicio nas sesións realizadas entre o 2 de decembro e o 19 de decembro de 2025, publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes convocadas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025
José Luis Soto Campos
Presidente do tribunal
