DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2026 Páx. 3192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 9 de decembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150057725 e dous máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes sen que esta se puidese efectua por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse os requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos competencia deste departamento territorial ás persoas citadas nos anexos, e emprázanse para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o prazo, de non facelo, teranse por efectuadas as notificacións no momento do vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non efectuar a emenda no prazo de dez (10) días hábiles establecido nos requirimentos contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidos das súas solicitudes, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 9 de decembro de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO
Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto
administrativo

150057725

54158056W

Requirimento de emenda da solicitude

23.10.2025

ANEXO II
Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150089225

48115947Q

Requirimento de emenda da solicitude

27.10.2025

150099225

76467598G

Requirimento de emenda da solicitude

27.11.2025