DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2026 Páx. 3190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 9 de decembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150031821 e catro máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia deste departamento territorial ás persoas citadas nos anexos, e emprázanse para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Transcorrido o prazo, de non facelo, teranse por efectuadas as notificacións no momento do vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables ás persoas interesadas no prazo que se indique no requirimento unha vez notificado tras a comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, e o Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei da seguridade social.

A Coruña, 9 de decembro de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150031821

60180259T

Requirimento de documentación

29.10.2025

150020324

76415437F

Requirimento de documentación

29.9.2025

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150101519

34254758F

Requirimento de documentación

6.10.2025

150046320

47383958W

Requirimento de documentación

15.9.2025

150036022

32422874G

Requirimento de documentación

17.11.2025