Expediente: IN407A 2024/175-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMTS, CT e RBT Ferreiros e anexo I.
Concello: Boiro.
1. Características técnicas:
– Proxéctase a instalación dun centro de transformación de tipo rural de 100 kVA, compacto, baixo envolvente prefabricada, para o traspaso de cargas da punta da rede existente do CT 15AAH0. O novo CT será alimentado pola liña de media tensión BOI-802 a 20 kV, procedente da subestación Boiro, desde o cal se alimentará a rede de B.T. existente mediante dúas saídas.
– O entroncamento coa liña de media tensión aérea BOI-802 realizarase mediante paso aero-subterráneo para a nova derivación subterránea que alimentará o novo CT; será necesario instalar un apoio proxectado de tipo C-1000/14, no cal se instalará un reconectador (RC) que servirá como dispositivo de protección e manobra para a derivación.
– Para dar servizo ao CT proxectado, proxéctase unha nova liña de media tensión subterránea (LMTS) en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x150) cunha lonxitude de 505 metros, a cal partirá dun paso aero-subterráneo (PAS) proxectado no apoio proxectado C-1000/14 e rematará no centro de transformación proxectado.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 16 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
