A Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, mediante a Resolución do 26 de agosto de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 176, do 12 de setembro, acordou aprobar inicialmente e someter a información pública o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da segunda ampliación do parque empresarial de Toedo, na Estrada (Pontevedra).
Ao non poder realizárselles a notificación persoal do prazo de alegacións ás persoas titulares das parcelas relacionadas no anexo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio, notifícaselles o dito trámite e concédeselles un prazo de vinte (20) días hábiles para presentar as alegacións que se consideren oportunas.
As alegacións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
(https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial sometida á información pública está dispoñible na páxina web da Consellería de Economía e Industria: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial?content=expediente_0010.xml
A eficacia da notificación deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2025
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO
|
Referencia |
Propietario/a |
|
36017A030000250000KE |
Descoñecido |
|
36017A030002880000KW |
Descoñecido |
|
36017A030002890000KA |
Descoñecido |
|
36017C503003590000TH |
Descoñecido |
|
36017A030000240000KJ |
Loureiro Domínguez, Juan |
|
36017W514009920000JR |
Mato Beade, Francisca |
|
36017C503003610000TU |
Pazos Vázquez, Manuel |
|
36017C503003620000TH |
Pazos Vázquez, Manuel |
|
36017A030000180000KD |
Rey, Josefa |
|
36017A030000190000KX |
Rey, Josefa |
|
36017C503004260000TA |
Rodríguez, Manuel |
|
36017A030000210000KD |
Verde Dopazo, Marino |
