De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Pontevedra, 19 de decembro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto que se notifica |
|
R3 |
35413523D |
Trámite de audiencia |
|
R113 |
35431219H |
Trámite de audiencia |
|
R113 |
35463127W |
Trámite de audiencia |
|
R180 |
35438841G |
Trámite de audiencia |
