
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións financiadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 72000000-5 (servizos TI: consultoría, desenvolvemento de software, internet e apoio).
4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES11 Galicia.
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para mellorar o acceso á información pública de Augas de Galicia e a súa xestión mediante o desenvolvemento dun novo portal web. Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Referencia de expediente: AUG-2025-0063.
O obxecto deste contrato é o deseño, o desenvolvemento e a posta en servizo dun novo portal web público para Augas de Galicia, que substitúa o existente, mellorando e ampliando o acceso da cidadanía á información e servizos públicos da entidade dunha forma áxil e sinxela, que aumente significativamente a transparencia do organismo e na cal prime a experiencia do persoal usuario e o fomento activo da participación pública da sociedade na xestión da auga.
O contrato incluirá a execución dos seguintes traballos descritos máis concretamente no prego de prescricións técnicas:
O deseño, o desenvolvemento e a posta en servizo dun novo portal web público para Augas de Galicia, que substitúa o actual e ofreza unha plataforma máis accesible, funcional e moderna. O novo portal debe mellorar e ampliar o acceso da cidadanía á información e aos servizos públicos da entidade, garantindo unha navegación máis áxil, intuitiva e adaptada ás necesidades da sociedade.
Así mesmo, búscase reforzar a transparencia institucional, facilitando o acceso a datos clave sobre a xestión dos recursos hídricos, a planificación e a execución de actuacións, a concesión de usos da auga e outros aspectos de interese público. Ademais, prestarase especial atención á mellora da experiencia do persoal usuario, asegurando un deseño responsivo e atractivo que permita unha interacción fluída en calquera dispositivo.
Pola outra banda, preténdese incorporar mecanismos que favorezan a participación activa da cidadanía na xestión da auga, proporcionando espazos para consultas públicas, presentación de suxestións e acceso á información de forma clara e comprensible, fomentando así unha relación máis aberta e colaborativa entre a Administración e a sociedade.
Colateralmente, tamén é obxecto deste contrato o deseño e o desenvolvemento dun sistema de xestión de contidos (CMS) que permita un sinxelo e axeitado mantemento do novo portal web, así como dos seus contidos, e que poida ser utilizado, de forma sinxela e intuitiva, tanto polo persoal técnico non informático que sexa responsable dos contidos xerados polos distintos departamentos de Augas de Galicia, así como polo persoal técnico máis cualificado en tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
Por último, preténdese que o persoal usuario poda acceder a novas funcionalidades para a visualización e o intercambio de datos públicos de xeito áxil e moderno.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 251.587,86 euros. Importe total: 304.421,31 euros.
8. Valor estimado do contrato: 251.587,86 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 8 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): memoria coa proposta técnica, a metodoloxía, o cronograma, o control de calidade e o seguimento e o valor engadido e as propostas innovadoras dos traballos (47), a proposición económica (41), medidas para o impulso demográfico (10) e a mellora técnica vinculada á execución do servizo (2).
11. Data da adxudicación do contrato: 31 de outubro de 2025.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 11.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 6.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou realización do contrato: 24 de novembro de 2025.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Balidea Consulting & Programing, S.L.
14.2. NIF: B15850647.
14.3. Enderezo: Edif. Witland. Rúa dos Camiños da Vida, s/n baixo. 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Correo electrónico: concursos@balidea.com
14.6. Fax: 981 93 78 21.
14.7. Teléfono: 981 93 78 76.
14.8. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 212.591,74 euros. Importe total: 257.236,01 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II: infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5 Preservación do litoral e recursos hídricos; medida: Investimento 3 (C5.I3) Transición dixital no sector da auga (vixilancia e control do contorno dixital); fito CID 426 Posta en funcionamento de ferramentas para mellorar o coñecemento e o uso dos recursos hídricos, e para rexistrar as precipitacións e outros datos meteorolóxicos; proxecto 01 (C05.I03.P01) Mellora do coñecemento e o uso dos recursos hídricos; subproxecto 13 (C05.I03.P01.S13) PERTE de dixitalización do ciclo da auga na Comunidade Autónoma de Galicia.
O Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU, do que forma parte, cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia de coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sustentables e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
O Instrumento Europeo de Recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concebido para impulsar a recuperación que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia de coronavirus. A Europa posterior á COVID-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de maio de 2025.
Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de maio de 2025.
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 9 de maio de 2025.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 5 de novembro de 2025.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 26 de novembro de 2025.
Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de novembro de 2025.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
