DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2026 Páx. 3232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2025 pola que se publica o financiamento cos Fondos da Unión Europea do mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), do contrato administrativo do servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra. Cervo (Lugo, obra con referencia de expediente AUG-2025-0070 (expediente AUG-2023-0077).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións financiadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

4. Código NUTS do emprazamento principal do servizo: ES112 Cervo (Lugo).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra. Cervo (Lugo)-obra con referencia de expediente AUG-2025-0070. Referencia de expediente: AUG-2025-0077.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito á regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 21.447,49 euros. Importe total: 25.951,46 euros.

8. Valor estimado do contrato: 31.009,67 euros. Inclúe o orzamento base de licitación (21.447,49 euros) e a/as posible/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (9.562,18 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 7 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 3 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (20), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipos e unidades de obra (17), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (12) e medidas para o impulso demográfico (10).

11. Data da adxudicación do contrato: 6 de novembro de 2025.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 1.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 1.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou realización do contrato: 24 de novembro de 2025.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Consultora de Enxeñaría Medio Ambiente e Arquitectura, S.L.

14.2. NIF: B15952369.

14.3. Enderezo: r/ Bugallal Marchesi, 12-1º D. 15008 A Coruña.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: administracion@cimarq.es

14.6. Fax: 981 90 31 96.

14.7. Teléfono: 610 61 02 05.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 20.231,42 euros. Importe total: 24.480,02 euros.

16. Información sobre si o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU. Actuación financiada cos fondos do mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II Infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5 Preservación do litoral e recursos hídricos; medida: Investimento 1 (C05.I01) Materialización de actuacións de depuración, saneamento, eficiencia, aforro, reutilización e seguridade de infraestruturas (DSEAR); submedida C05.I01b Mellora da eficiencia e redución de perdas no uso da auga; proxecto 02 (C05.I01.P02) Mellora da eficiencia e redución de perdas no uso da auga; subproxecto 10 (C05.I01.P02.S10) Mellora da eficiencia e redución de perdas no uso da auga na Comunidade Autónoma de Galicia; contribúe aos obxectivos climáticos dentro do Campo de Intervención 040 Xestión da auga e conservación dos recursos hídricos (incluída a xestión das concas fluviais, medidas específicas de adaptación ao cambio climático, reutilización, redución de fugas), e contribúe á consecución do obxectivo nº 427 Infraestruturas de tratamento de augas e augas residuais melloradas.

O mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU, do que forma parte, cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia de coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sustentables e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O Instrumento Europeo de Recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concebido para impulsar a recuperación que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia de coronavirus. A Europa posterior á COVID-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial da Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 30 de maio de 2025.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 11 de novembro de 2025.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 2 de decembro de 2025.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia