BDNS (Identif.): 877059.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/877059
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado ao arquivo e que custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Segundo. Obxecto e finalidade
Constitúe o obxecto desta orde, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos, e por outra, a convocatoria destas axudas para o ano 2026 (código de procedemento CT130A).
A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.
As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2026.
Cuarto. Importe
Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de cento oitenta e cinco mil euros (185.000 €), coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:
– 13.03.432A.760.0: entes locais 150.000 €.
– 13.03.432A.781.0: entidades sen fin de lucro galegas 35.000 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 28.6.2024; DOG núm. 130, do 5 de xullo)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
