Praza: 1 (unha) de xefe/a da División de Sostibilidade e Transición Ecolóxica.
Tipo de contrato: contrato fixo.
Proceso selectivo: concurso de méritos, oposición.
As bases desta convocatoria estarán á disposición dos/das interesados/as na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros nº 1, e tamén na páxina web: www.portovilagarcia.es
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e na páxina web: www.portovilagarcia.es
Vilagarcía de Arousa, 17 de decembro de 2025
José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría
