DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2026 Páx. 3248

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fisterra

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público correspondente ao exercicio de 2025 (expediente 2025/G003/000753).

Antecedentes:

Unha vez aprobado polo Pleno deste concello, na sesión ordinaria do 1.12.2022, o orzamento xeral xunto coas súas bases de execución e a relación de postos de traballo para o exercicio económico de 2023, é obxecto de publicación da aprobación definitiva no BOP nº 4, do 5.1.2023.

Visto o Decreto nº 759/2024, do 23 de decembro, ditado no expediente 2024/G003/000789, de prórroga do orzamento do exercicio de 2023 ao exercicio de 2025.

Visto o Decreto nº 400/2024, do 18 de xullo, ditado no expediente 2024/G003/000409, polo que se declara a xubilación da traballadora laboral no posto da RPT con código 01.03.00.01.

Visto o Decreto nº 652/2024, do 13 de novembro, ditado no expediente 2024/G003/000682, en virtude do cal o policía local co posto da RPT con código 05.00.00.01 pasou á situación administrativa de servizos noutras administracións públicas.

Tendo en conta o acordo adoptado polo Pleno do Concello de Fisterra na sesión ordinaria do 3.4.2025, polo que se declaran vacantes para todos os efectos os seguintes postos da relación de postos de traballo (publicación no BOP nº 68, do 9 de abril):

– Policía local. Departamento de Seguridade. Código 05.00.00.01.

– Auxiliar administrativo, departamento de Secretaría-Intervención e Réxime Interno, Unidade de Urbanismo. Código 01.03.00.01.

Tendo en conta que o 9.12.2025 foi convocada e tivo lugar a Mesa Xeral Negociadora do Concello de Fisterra, considerando que o artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, sinala que as corporacións locais aprobarán a oferta de emprego público para o ano correspondente, así como o artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; e considerando a atribución que me corresponde por mor do disposto no artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público (OEP) para o exercicio de 2025, integrada polas seguintes prazas:

Código

Grupo

Denominación

Tipo de persoal

Área de adscrición

05.00.00.01

C1

Policía local

F

Departamento de Seguridade

01.03.00.01

IV

Auxiliar administrativo

L

Departamento de Secretaría-Intervención e Réxime Interno. Unidade de Urbanismo

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da corporación, así como na sede electrónica do concello, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. En virtude do establecido na addenda ao convenio para a asunción pola Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e o desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías de corpos da Policía local e ás prazas de auxiliares de policía local ou ás prazas de vixiantes municipais, formalizado o 2.2.2022, remitir certificación desta resolución á Academia Galega de Seguridade Pública para a execución do proceso de selección da praza seguinte:

Código

Grupo

Denominación

Tipo de persoal

Área de adscrición

05.00.00.01

C1

Policía local

F

Departamento de Seguridade

Cuarto. Dar conta ao Pleno na primeira sesión ordinaria que realice, en cumprimento do establecido no artigo 42 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

Fisterra, 16 de decembro de 2025

Luís Manuel Insua Lago
Alcalde

Marcos Vázquez Campaña
Secretario interventor