Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 1485/2025, do 28 de novembro, rectificada pola Resolución da Alcaldía núm. 1502/2025, do 4 de decembro, nomeouse a José Manuel Dobarro Gómez, con DNI ***4842**, funcionario de carreira do Concello de Fene, para unha praza de conserxe, pertencente ao grupo AP, escala da Administración xeral, subescala subalterna, incluída na OEP de 2022.
Este anuncio publicouse no BOP da Coruña núm. 237, do 11.12.2025.
O que se fai público para os efectos do artigo 62 do TREBEP e do 60 da LEPG.
Fene, 12 de decembro de 2025
Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa
