O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 6.11.2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar o informe municipal do 26.12.2024, co CSV 6C6X5W4Q491C4O1S0S3M, no cal se analizan os informes municipais emitidos no expediente e no que se dá resposta á alegación recibida durante o trámite de exposición pública.
Segundo. Aprobar definitivamente o documento denominado Estudo de detalle do POL R40 Peñarredonda 1, para ordenar os volumes edificables. Outubro 2025, promovido pola entidade Promociones Hamburgo, S.L. e redactado polo arquitecto Martín Álvarez Álvarez, co número de colexiado do COAG 5176.
Terceiro. Dilixenciar o documento e realizar os trámites previstos no artigo 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei do solo de Galicia, para a súa entrada en vigor.
Cuarto. Notificarlle este acordo ao promotor do documento, aos servizos e departamentos municipais, e ás persoas interesadas na tramitación do expediente.
O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo, e de forma dixital na sede electrónica deste concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente; ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor de desenvolvemento PXOM 2013.
Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
A Coruña, 2 de decembro de 2025
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo,
Rehabilitación e Vivenda
