De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no terceiro cuadrimestre de 2025, que figuran no anexo.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2026
María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
|
Asinantes |
Obxecto |
Data de sinatura |
Achega |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Castro de Rei |
Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Castro de Rei para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro para a rehabilitación integral da antiga escola de Azúmara para o acondicionamento como local social dentro da categoría de «promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca». |
23.9.2025 |
86.992,48 € |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Monterrrei |
Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Monterrrei para realizar actuacións no marco do proxecto PAISACTIVO-Paisaxes devasa: activación do espazo rural para un territorio resiliente |
18.9.2025 |
258.987,08 € |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Xunqueira de Ambía |
Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Xunqueira de Ambía para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro para a subministración e instalación dunha báscula para a peaxe de camións dentro da categoría de «promoción e posta en valor dos produtos agroalimentarios da comarca». |
10.10.2025 |
32.065,00 € |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Castro de Rei |
Addenda ao convenio para concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Castro de Rei para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro para a rehabilitación integral da antiga escola de Azúmara para o acondicionamento como local social dentro da categoría de «promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca». |
15.10.2025 |
Sen achega |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Mondoñedo |
Convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Mondoñedo para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de reparación da pía da Ponte do Arco en Masma dentro da categoría de «promoción e posta en valor do patrimonio histórico da comarca». |
24.10.2025 |
48.393,95 € |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello das Neves |
Addenda ao convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello das Neves para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de sinalización da ruta de sendeirismo: «Ruta arqueolóxica Taboexa-Rubiós» dentro da categoría de «promoción e posta en valor da contorna natural da comarca» |
13.11.2025 |
Sen achega |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Begonte |
Addenda ao convenio entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Begonte para a concesión dunha subvención directa ao proxecto senlleiro de acondicionamento e ampliación do local social de Carral dentro da categoría de «promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca» |
13.11.2025 |
Sen achega |
|
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Monterrei |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Monterrei para o mantemento da rede de calor de biomasa da aldea de Infesta (Monterrei) executada no marco do proxecto Poctep Aldealix |
18.9.2025 |
Sen achega |
