DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2026 Páx. 3094

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de setembro a decembro do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2026

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega)
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro

Convenio

Data de sinatura

Achega da Axencia

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia para a actualización e reforma do proxecto existente de xeración eléctrica autosuficiente mediante enerxías renovables

26.9.2025

19.093.69 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Catedral de Santiago para a mellora da iluminación arquitectónica na Sala Románico da Catedral de Santiago de Compostela

17.10.2025

40.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Ribadeo para o desenvolvemento do proxecto experimental de iluminación no Monte de Santa Cruz

1.12.2025

30.193,96 €