De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo, para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servicio de Fianzas e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto de notificación |
|
LU-99020:14 |
Comunidade hereditaria de Remedios Castro Alonso |
Notificación da liquidación da débeda correspondente á vivenda de promoción pública adquirida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo |
Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non poderá interpoñerse recurso ningún.
