A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 15 de decembro de 2025, aprobou inicialmente o «Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a apertura do sistema xeral viario SXVI1 (B, C, D e E)».
O que se somete a información pública por un prazo de dous meses, en cumprimento dos artigos 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186.1.a) do Regulamento da dita lei, co fin de que as persoas que se consideren afectadas polo PEID poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.
A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web deste concello, na seguinte ligazón:
https://carballo.gal/urbanismo-e-axenda-urbana/documentos-en-tramitacion/
Carballo, 23 de decembro de 2025
José Daniel Pérez López
Alcalde
