De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte a publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 22 de decembro de 2025
Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: INC-LU-0027/2025-BIO.
NIF interesado/a: B27347137.
Acto notificado: acordo de incoación.
