DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 4463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de decembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Ribadeo (expediente DH.W27.97464).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Lorenzo García Eiras.

DNI: ***6524**.

Expediente: DH.W27.97464.

Lugar: A Preixoana.

Parroquia: A Devesa.

Concello: Ribadeo.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten na construción de muro de bloque nunha parte do lindeiro suroeste, na instalación de portalóns e na retirada de peche de sebe vexetal, na parcela con referencia catastral 27051H00400006000BX, na zona de policía dun rego innominado e na zona de policía, servidume e ribeira do rego de Vilar.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 18 de decembro de 2025

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña