DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 3271

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 7 de xaneiro de 2026 pola que se dispón o nomeamento dun membro do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e a constitución do seu Consello de Administración, e o artigo 3.1 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, sinala que a consellería competente en materia de pesca nomeará un secretario que actuará con voz pero sen voto.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O nomeamento de Isaac Miguel Rosón Sánchez-Brunete como secretario do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2026

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar