DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 4450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación do treito final LAT 132 kV Irixo Lalín, no concello de Lalín.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación do treito final LAT 132 kV Irixo Lalín, que se realizarán na casa do concello de Lalín, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosar o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 22 de decembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 2007/169-3-AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificación do treito final LAT 132 kV Irixo Lalín.

Concello: Lalín.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

Data

Hora

945

36024A09500146

Muro Novo

Hros. María Olga Baldonedo Iglesias

18 de febreiro de 2026

13.00

953

36024A09500531

Os Casares

Manuel Andrés Iglesias Fernández

José Iglesias Fernández

Pilar Iglesias Fernández

Carmen Iglesias Fernández

José Iglesias Fernández

18 de febreiro de 2026

13.00

955

36024A09500142

Os Casares

José Iglesias Fernández

Pilar Iglesias Fernández

Carmen Iglesias Fernández

Manuel Andrés Iglesias Fernández

José Iglesias Fernández

18 de febreiro de 2026

13.00