DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 3972

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2026), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG622A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do 24 de novembro 2025 acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, facultando a persoa titular da Dirección Xeral do Igape para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), e convocar para o ano 2026 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG622A).

Segundo. A convocatoria de axudas ten unha dotación de 9.000.000 €, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible; compútase como cofinanciamento nacional, polo 40 % restante, o cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible das persoas beneficiarias.

En particular, esta convocatoria enmárcase nos seguintes obxectivos e prioridades:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridade P1A: transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Tipo de acción (CPSO): 1.3.3-axudas á internacionalización de empresas galegas.

Subtipo de acción (CPSO): 1.3.3.2-axudas ao programa Galicia Exporta empresas.

Tipo de intervención: 021.Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCO01-Empresas apoiadas (das cales, microempresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCR02-Investimentos privados que acompañan ao apoio público.

Terceiro. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o oitavo día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas, e rematará o 30 de setembro de 2026, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Cuarto. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polo seguinte importe e anualidade:

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2026

Total

2023 00002

09.A1.741A.7700

9.000.000 €

9.000.000 €

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, despois da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante unha resolución publicada para o efecto.

Quinto. Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas axudas á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Sexto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de tres meses contados desde a data de presentación de solicitude de axuda; transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución comezará o 1 de xaneiro de 2026. O proxecto obxecto da axuda non poderá estar completamente executado (data da última factura) no momento de presentar a solicitude.

Este prazo rematará na data indicada na resolución de concesión e en ningún caso poderá exceder o 15 de decembro de 2026. Esta data constitúe o prazo máximo para a emisión e o pagamento das facturas correspondentes.

Dentro do período de execución, deberá presentarse a solicitude de cobramento.

Sétimo. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado, para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario.

Oitavo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción
exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2026), cofinanciadas
pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e a diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva.

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización das empresas galegas que aínda non exportan ou que contan cunha baixa presenza exterior, así como apoiar as que xa están internacionalizadas para que non só manteñan a súa presenza nos mercados exteriores, senón que a amplíen. Para iso, ofrécense axudas que lles permitan aumentar a súa presenza internacional, expandíndose a novos países e diversificando os sectores en que operan. Ademais, considérase adecuado apoiar as pemes galegas que, operando en Galicia, buscan captar clientes estranxeiros, e incluír tamén como posibles beneficiarias as empresas que estean inmersas en procesos de internacionalización inversa.

O proceso de internacionalización do tecido empresarial galego foi, e seguirá sendo, un dos piares fundamentais da política económica da Xunta de Galicia, co obxectivo de mellorar a súa competitividade e impulsar o crecemento económico. O Goberno galego aposta firmemente pola proxección exterior das empresas, promovendo un modelo que facilita o acceso á información, ofrece servizos directos nos principais mercados internacionais, financia a entrada das empresas neles e fomenta a formación e especialización do capital humano.

Esta convocatoria encádrase no eixo 3 do Plan estratéxico de Galicia 2022-2030, que establece como prioridade a internacionalización da economía galega para asegurar o crecemento económico e a competitividade global das empresas:

PA 3.3: impulsar o crecemento e competitividade das pemes, a transición industrial e o emprendemento.

OE 3.3.3: atraer investimento produtivo e fomentar e facilitar a internacionalización das empresas galegas, en especial as pemes.

Dentro deste marco, un dos obxectivos clave é potenciar a presenza das empresas galegas nos mercados internacionais, apoiando iniciativas que melloren a súa competitividade global. A convocatoria Galicia Exporta Empresas contribúe directamente a este obxectivo, ao ofrecer apoio ás pemes para a realización de accións de promoción exterior, prospección de mercados e operatividade comercial e dixitalización.

Ademais, o Plan estratéxico de Galicia 2022-2030 resalta a importancia de fortalecer a capacidade exportadora das pemes mediante axudas que lles permitan abordar novos mercados con garantías de éxito. A convocatoria facilita este proceso ao proporcionar recursos para que as empresas poidan desenvolver estratexias de internacionalización sólidas, mellorando a súa presenza nos mercados exteriores e incrementando a súa competitividade a nivel global.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4 como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

Esta liña de axuda compleméntase coas liñas de axuda Galicia Exporta Organismos Intermedios e Plan FOEXGA, cofinanciadas co Feder, e cos servizos do Igape á internacionalización.

Segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), exclúese o réxime de concorrencia competitiva no procedemento de concesión das axudas. As subvencións outorgaránselles a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nestas bases ata o esgotamento dos créditos habilitados, o cal, de ser o caso, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

A xustificación desta excepcionalidade radica no interese especial de promover calquera proxecto empresarial que cumpra cos requisitos exixidos, sen necesidade de priorizar uns sobre outros. Neste contexto, non resulta necesario realizar unha valoración comparativa entre as distintas propostas, xa que todos os que se axusten aos criterios serán igualmente relevantes para o obxectivo de fomentar as exportacións das pemes en Galicia.

Ademais, a concorrencia non competitiva permite unha maior flexibilidade na xestión das axudas, ao manter aberta a posibilidade de presentar solicitudes de xeito continuo, sen estaren suxeitas a prazos pechados nin a convocatorias puntuais facilitando, ademais, a execución dos fondos. Isto asegura que os proxectos que poidan beneficiarse da subvención ou financiamento reciban atención en calquera momento, facilitando así o apoio a iniciativas que promovan a internacionalización das empresas galegas de maneira constante e oportuna.

A estas bases reguladoras resúltalles de aplicación o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852.

Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no artigo 54 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns, relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados (en diante, Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante unha resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

Artigo 1. Obxecto

O obxecto destas axudas é apoiar e incentivar accións de promoción exterior que melloren a competitividade das empresas galegas e reforcen a súa presenza nos mercados internacionais.

Serán subvencionables os proxectos de internacionalización nos cales se executen unha ou varias das seguintes actividades:

a) Promoción internacional: apoio á participación en feiras, outros eventos expositivos internacionais e misións comerciais que melloren a presenza e visibilidade das empresas galegas en novos mercados internacionais.

b) Competitividade internacional: iniciativas orientadas a reforzar o posicionamento e a capacidade operativa das empresas no exterior, mediante actuacións de adaptación a normativas, certificacións, mellora de procesos, accións de prospección en novos mercados e accións de márketing global.

c) Internacionalización dixital e e-commerce: proxectos destinados a impulsar a internacionalización a través da incorporación de tecnoloxías dixitais e solucións innovadoras, incluíndo o comercio electrónico, o márketing dixital e o uso de ferramentas de análise de datos para a toma de decisións.

Artigo 2. Definicións

Única empresa: para os efectos desta resolución e da noción de persoas beneficiarias para o cálculo do límite de minimis, terase en conta a definición de «única empresa» establecida no artigo 2.2 do Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, no artigo 2.2. do Regulamento (CE) núm. 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura, e no artigo 2.2 do Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo ás axudas de minimis no sector agrícola, que coinciden coa noción de empresa vinculada do artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (CE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Enténdese por «única empresa» todas as sociedades que teñan polo menos un dos seguintes vínculos entre si:

a) Unha empresa ten unha maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios doutra empresa;

b) unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maior parte dos membros dos órganos de administración, dirección ou control doutra sociedade;

c) unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato celebrado coa dita empresa ou unha cláusula estatutaria doutra empresa;

d) unha empresa, que é accionista ou asociada a outra empresa, controla soa, en virtude dun acordo celebrado con outros accionistas ou socios da segunda empresa, unha maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

As empresas que manteñan calquera dos catro supostos das relacións a través doutra ou outras empresas tamén deben ser consideradas como única empresa.

Feiras comerciais: manifestacións comerciais organizadas por terceiros, de duración limitada, que teñen por obxecto a exposición de bens e a oferta de servizos para favorecer o seu coñecemento e difusión, promover contactos e intercambios comerciais, lograr maior transparencia no mercado e achegar a oferta á demanda.

Feiras comerciais internacionais: aquelas organizadas por terceiros, de carácter internacional e celebración presencial, que teñan lugar no estranxeiro. Inclúense igualmente as feiras celebradas en España sempre que estean recollidas no calendario oficial de feiras comerciais internacionais aprobado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para os anos 2026 e 2027, publicadas no Boletín Oficial del Estado, sempre que a súa edición se celebre dentro do período de execución establecido nestas bases.

Así mesmo, inclúense as feiras comerciais virtuais de carácter internacional.

Eventos expositivos internacionais: actividades organizadas por terceiros alleos á empresa solicitante, sen vinculación empresarial nin comercial con ela, de carácter temporal e que se celebren no estranxeiro. Inclúense nesta definición actuacións como xornadas técnicas e demostracións, pases de produtos audiovisuais (screenings), desfiles, participación en concursos ou certames, catas, degustacións, encontros b2b e outros eventos natureza similar.

Tamén se inclúen os eventos expositivos virtuais de carácter internacional.

A participación como expositor deberá responder a un obxectivo comercial previamente definido ou a unha oportunidade de negocio identificada con anterioridade, directamente relacionada cos bens ou servizos producidos ou prestados pola entidade beneficiaria.

Están excluídos deste punto:

– Os mercados de época, os mercados festivos e as feiras artesás.

– Os espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venda directa.

– As xiras, festivais, concertos e outros eventos de similar natureza.

Misión comercial directa: viaxe de carácter comercial a un país obxectivo, organizado cunha axenda concertada de reunións co fin de establecer contactos, promocionar produtos ou servizos e crear oportunidades de negocio con socios potenciais, distribuidores, clientes ou aliados estratéxicos.

Misión comercial inversa: comprenden as viaxes de clientes, compradores, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outros prescritores estranxeiros ás instalacións da empresa, co obxectivo de dar a coñecer a entidade, os seus produtos ou servizos, e explorar posibles vías de cooperación internacional.

Inclúense tamén as visitas a lugares situados en Galicia en que as empresas beneficiarias desenvolvesen actuacións ou proxectos que poidan servir de referencia ou exemplo ante potenciais clientes internacionais.

Artigo 3. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario, coas garantías previstas no artigo 31.4 desta lei.

As solicitudes resolveranse atendendo á súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade.

Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data que se debe ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude completa. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida. No caso de que máis dunha solicitude teña a mesma data de presentación, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación fose anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á cal o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ou dunha transferencia de crédito, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.

3. As axudas recollidas nestas bases incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis; no Regulamento (CE) núm. 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura, e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), ou as normas que os modifiquen.

4. A convocatoria de axudas ten unha dotación de 9.000.000 €, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible; compútase como cofinanciamento nacional, polo 40 % restante, o cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible das persoas beneficiarias.

En particular, esta convocatoria enmárcase nos seguintes obxectivos e prioridades:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridade P1A: transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Tipo de acción (CPSO): 1.3.3-axudas á internacionalización de empresas galegas.

Subtipo de acción (CPSO): 1.3.3.2-axudas ao programa Galicia Exporta empresas.

Tipo de intervención: 021.Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCO01-Empresas apoiadas (das cales, microempresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCR02-Investimentos privados que acompañan o apoio público.

5. Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados, conforme o disposto no artigo 54.a) do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

6. O respecto ao principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852.

Artigo 4. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda para os mesmos gastos subvencionables.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos á concesión da axuda. Para as empresas do sector da pesca e a acuicultura as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 40.000 euros e para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 50.000 euros.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder e pagar a axuda, requirirase da persoa solicitante unha declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que solicita esta subvención e sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada nos tres anos previos á concesión da axuda. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 5. Notificacións

As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, o Igape practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Artigo 6. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, incluídos os autónomos, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Cumprir coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

b) Para ser beneficiaria, a empresa deberá ter algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia e contar no devandito centro con, polo menos, un traballador por conta allea na data de publicación no DOG destas bases de axudas. Este requisito non será de aplicación ás startups que conten con certificación de Enisa en vigor nin ás empresas constituídas con menos de corenta e dous (42) meses de antigüidade na citada data. As accións de internacionalización solicitadas deberán estar directamente vinculadas ás actividades desenvolvidas no centro de traballo radicado en Galicia.

c) Estar dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización cun informe positivo, emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. No caso de non estaren inscritas, deberán solicitar a alta a través do procedemento IG192 antes da data de presentación da solicitude.

d) Estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

e) Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice unha actividade empresarial.

d) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e as súas posteriores modificacións, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Artigo 7. Condicións dos proxectos

1. Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo no momento de publicar estas bases), a persoa solicitante, deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á súa contratación, agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención ou que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia asinado por un experto independente.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán estar vinculados entre si, nin coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. Para estes efectos, enténdese que existe vinculación cando se dean as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerase subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

2. Os provedores non poderán estar vinculados entre si nin coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, agás que concorran as seguintes circunstancias:

a) Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

b) Que se solicite e conceda a súa autorización previa (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

A non vinculación demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.

3. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

4. O período de execución dos gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e computarase desde o día 1 de xaneiro de 2026 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo previamente á súa presentación, ben que o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente –data da última factura– no momento de presentar a solicitude de axuda) ata o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión, para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas.

Excepcionalmente, serán considerados subvencionables os gastos relacionados coas reservas de espazos, viaxes e aloxamentos realizados antes do inicio do período de execución ordinario, sempre que a solicitude inclúa accións de participación como expositor en tales feiras ou eventos expositivos internacionais, e se xustifique que estes gastos son imprescindibles para garantir a participación na actividade prevista.

5. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado e non se admitirán os pagamentos en efectivo.

6. En consonancia coa Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, queda expresamente excluído do ámbito de aplicación destas bases o imposto sobre o valor engadido (IVE), a non ser que se acredite que non é recuperable.

7. No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante, polo menos, tres anos.

Artigo 8. Gastos subvencionables

Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da actuación subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto para o cal foron concibidos. Os gastos subvencionables clasifícanse en:

1. Custos directos.

Promoción internacional.

Nesta epígrafe inclúense as seguintes actividades:

a) Participación como expositor en feiras.

b) Participación activa noutros eventos expositivos de carácter internacional.

c) Misións comerciais directas.

d) Misións comerciais inversas.

Gastos subvencionables:

1. Aluguer de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento: gastos de alugamento de espazos e/ou stand, entradas, dereitos de inscrición, deseño, construcións, montaxe e desmontaxe de stand, alugamento de mobiliario equipamento, decoración ou personalización do stand, alugamento de equipamentos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira, modelos ou de persoal de apoio e outros servizos de natureza similar debidamente xustificados.

2. Gastos de envío de mostras sen valor comercial e de catálogos.

3. Gastos asistencia externa en destino para a elaboración axendas de reunións e organización das accións anteriores, sempre que se acredite a súa execución efectiva en destino. As empresas que presten este tipo de servizos descritos deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado polas oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou polas oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

4. Gastos de intérpretes.

5. Gastos de viaxe e aloxamento: serán subvencionables os gastos de viaxe e correspondentes a un máximo de dúas persoas por empresa participante, que deberán ser persoal propio da empresa ou membros do seu consello de administración. Inclúense neste concepto:

– Billetes de avión, tren, autobús, barco e viaxes internas que sexan necesarios para o desenvolvemento da acción incluíndo as viaxes internas dentro do país. Tamén son subvencionables os gastos de facturación de equipaxe e elección de asentos, as taxas de viaxe, seguros de viaxe, probas PCR ou similares, visados e gastos de xestión da axencia de viaxe.

– Alugamento de vehículos sen condutor. Exclúense os gastos de transporte en taxi e VTC.

– Estancia en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores, cun máximo de cinco noites, das cales polo menos unha deberá coincidir coas datas de celebración da acción.

No caso de accións que se desenvolvan en máis dun país, poderase ampliar a estancia en ata dúas noites adicionais por país, cun límite máximo total de dez noites.

Así mesmo, cando a acción teña lugar en máis de dúas cidades dun mesmo país, poderase autorizar unha ampliación de ata dúas noites por cidade adicional ata un máximo de dez, sempre que quede debidamente xustificada a súa necesidade para o desenvolvemento da actividade.

Poderanse realizar un máximo de dúas noites in itinere.

– Os límites de gastos desta epígrafe son os recollidos no anexo II. Para o cómputo do límite de quilometraxe terase en conta a distancia entre a orixe e o destino final sen computar as escalas. Non son subvencionables os gastos desta epígrafe para accións que teñan lugar en Galicia, con excepción das misións comerciais inversas.

6. Para as misións comerciais inversas son subvencionables todos os gastos mencionados nos números anteriores para as persoas participantes na acción. Inclúense os desprazamentos internos en Galicia, os gastos de intérpretes e o alugamento de salóns e espazos de traballo.

Competitividade internacional.

Gastos subvencionables:

1. Compra de espazos publicitarios e inserción de anuncios en medios de comunicación impresos ou dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro. As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto. Non son subvencionables os gastos de deseño e elaboración das campañas.

2. Compra de espazos publicitarios e inserción nos catálogos en papel ou dixital e/ou páxinas web de importadores/distribuidores no estranxeiro.

3. Gastos para a elaboración de catálogos en papel ou dixitais para a súa difusión en mercados estranxeiros. Este gasto só poderá ser subvencionable cando estea vinculado á execución, polo menos, dunha acción de promoción debidamente xustificada.

4. Gastos de servizo de consultoría para a elaboración de documentos que inclúan a metodoloxía enfocada a descubrir novos mercados internacionais para a empresa e os seus produtos, a través do estudo da competencia nos devanditos mercados, tales como análise de competidores, identificación de boas prácticas, benchmarking funcional ou similares.

5. Gastos de servizo de consultoría para accións de seguimento de contactos ou de clientes xa existentes no estranxeiro dirixidos á consolidación do negocio e á implantación promocional en destino

6. Gastos de consultoría, asistencia xurídica e técnica para a xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, homologacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro (inclúense os códigos fonte/códigos obxecto); Informe de liberdade de operación ou Freedom to operate (FTO) ou outros de natureza similar debidamente xustificados; adaptacións do produto necesarias para a súa comercialización no mercado de destino; asesoría para loxística internacional.

7. Servizos para a tradución de documentación.

8. Gastos das taxas específicas e inherentes aos servizos sempre que estean relacionados coa actuación subvencionada e sexan indispensables para a adecuada preparación ou a súa execución.

Non son subvencionables nesta epígrafe:

– Os custos de mailings.

– Os convites.

– O material de papelaría, tarxetas, sobres, carpetas, listas de prezos e calquera outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.

– Carteis, manuais de instrucións, flyers, displays ou outros elementos de similares características.

– Produtos de merchandising e outros agasallos promocionais.

Internacionalización dixital e e-commerce.

Gastos subvencionables:

1. Creación de novas tendas en liña ou adaptación das existentes para promover a venda en mercados internacionais, así como o pagamento de cotas para a introdución dos produtos da empresa en plataformas de comercio electrónico nos mercados obxectivo. Non está incluído o simple mantemento e actualización anual da páxina web.

2. Creación e adaptación de catálogos en liña para o márketing e as vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.

3. Campañas de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar usuarios de interese obxectivo do negocio en liña.

4. Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI) para o seguimento e optimización das canles de venda e márketing en liña.

2. Custos indirectos.

Serán aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada, pero resultan necesarios para a súa realización, en que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministracións (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.

Fíxanse nun tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables, ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

Non son subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación ou calquera outro gasto que non estea directamente vinculado coa realización da acción subvencionable.

Artigo 9. Contía das axudas e límites máximos de subvención

A contía da axuda será dunha subvención do 70 % dos custos directos subvencionables relacionados no punto 1 do artigo 8. Ademais, engádese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables, ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

O importe máximo total de subvención será de 150.000 € por empresa, custos indirectos incluídos.

Para o conxunto das accións tipo a) Promoción internacional e b) Competitividade internacional, o importe máximo de subvención será de 100.000 €, custos indirectos incluídos.

Nas accións tipo c) Dixitalización para a internacionalización o importe máximo de subvención será de 50.000 €, custos indirectos incluídos.

O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos, será de 3.500 € (IVE excluído).

Artigo 10. Forma e lugar de presentación de solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e das accións para as cales solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa que incluirá os mercados obxectivos e, para cada acción, detalle de tipo, título, descrición, datas estimadas de inicio e fin, orzamento e lugar de celebración (se procede).

No devandito formulario a entidade solicitante realizará as seguintes declaracións:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como o deber de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que non está suxeita a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

c) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

d) Que cumpre os criterios da definición de peme establecidos pola Comisión Europea no Regulamento (UE) núm. 651/2014.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as que se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

e) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

f) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables, durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria.

g) Para as entidades suxeitas á inscrición no Rexistro Mercantil (persoas xurídicas): que cumpriu coa obrigación de depósito no Rexistro Mercantil das contas anuais correspondentes ao último exercicio coa obrigación de depósito, segundo os artigos 366 e 368 do Regulamento do Rexistro Mercantil (Real decreto 1784/1996, do 19 de xullo) e o artigo 279.1 do texto refundido da Lei de sociedades de capital.

h) Declaración das axudas concorrentes para os mesmos gastos subvencionables, solicitadas ou concedidas.

i) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada nos tres anos previos á concesión da axuda.

j) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 e no artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

k) Declaración de cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852, segundo o anexo IV a estas bases.

l) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

2. Cada peme interesada poderá presentar unha única solicitude de axuda nesta convocatoria. No caso de presentar máis dunha, considerarase que desiste da anterior, salvo que xa exista unha resolución expresa sobre esta.

3. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.

4. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

b) Ter en vigor un certificado dixital dos validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado (http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC).

Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificado dixital, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Artigo 11. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación coa que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

b) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 7 das bases reguladoras, salvo as excepcións previstas nestas bases reguladoras.

c) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos seguintes medios de proba:

1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante unha certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, na cal afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no punto 2º e con suxeición á súa regulación.

2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

i. Certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación de auditor a que se refire o número anterior, informe de procedementos acordados elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no punto segundo da letra d) da disposición derradeira sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, salvo que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición da documentación ou da información orixinal.

Artigo 12. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, salvo que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Imposto de actividades económicas (IAE).

f) Consulta de información do imposto de actividades económicas ampliado.

g) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

h) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Seguridade Social.

i) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

J) Documentación depositada no Rexistro Mercantil, segundo o artigo 11.1.a) destas bases.

k) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

l) Consulta de axudas e subvencións de minimis ampliado.

m) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

n) Certificado da renda (IRPF).

ñ) Contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil do último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de depósito legalmente establecido, incluíndo o informe de auditoría, de ser o caso.

o) Informes de vida laboral da empresa.

p) Consulta ao Rexistro Central de Titularidades Reais (RCTIR), en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitara a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es

Artigo 14. Órganos competentes e instrución do procedemento.

1. Órganos competentes.

A competencia para a instrución do procedemento de concesión da subvención correspóndelle á Área de Internacionalización do Igape. A competencia para ditar a resolución que poña fin ao procedemento na vía administrativa correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. Emenda.

De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou informacións exixidas, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, terase por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

A documentación requirida deberase presentar, así mesmo, por medios electrónicos a través da mesma aplicación informática.

3. Concesión.

As solicitudes avaliaranse por orde de entrada de solicitudes completas ata a total utilización do orzamento da convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva. Cando se produza o esgotamento do crédito, as solicitudes pendentes de avaliación resolveranse denegando a solicitude.

Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data que se debe ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida. No caso de que máis dunha solicitude teña a mesma data de presentación, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación fose anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á cal o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

A solicitude de axuda someterase ao informe dos servizos do órgano instrutor do Igape en función dos datos relativos á persoa solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e no formulario e na documentación presentada.

Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, na cal se indicarán as causas desta.

Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Prazo máximo de resolución.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución da convocatoria; transcorrido este, poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 15. Resolución

1. A Área de Internacionalización do Igape ditará a proposta de resolución con base neste procedemento, e elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen resolverá a concesión das subvencións por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación das persoas beneficiarias, a contía da subvención e obrigas que correspondan ás persoas beneficiarias, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o Documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

Na resolución constará a información sobre o cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e as correspondentes porcentaxes, con indicación do obxectivo político, obxectivo específico, tipo e subtipo de acción e tipo de intervención.

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

Informarase a persoa beneficiaria sobre o carácter de minimis da axuda, facendo unha referencia expresa e completa ao regulamento de minimis que corresponda.

3. A aceptación da resolución de concesión da axuda (DECA) deberá facerse de maneira expresa a través da sinatura do documento que para tal fin o Igape porá á disposición da persoa beneficiaria na sala de sinaturas da Xunta (https://saladesinaturas.xunta.gal). O dito documento deberá ser asinado polo representante legal nun prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da posta á disposición para a súa sinatura. A falta desa aceptación expresa terá como consecuencia a perda do dereito á obtención da axuda.

4. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

Artigo 16. Réxime dos recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que de, acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, e dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, de oficio ou por instancia de parte, admitiranse modificacións ao proxecto.

2. Só se admitirá unha solicitude de modificación por convocatoria que deberá presentarse como máximo cun mes de anterioridade á data de finalización do prazo de execución do proxecto.

A modificación non suporá, en ningún caso, un aumento do importe da subvención concedida nin poderá prexudicar dereitos de terceiros.

3. Non se considerarán modificacións propiamente ditas:

– Feiras ou eventos expositivos internacionais: substitución dun evento por outro de características similares ou modificación das súas datas ou país de destino.

– Misións comerciais directas: cambio de datas ou substitución do destino ou destinos previstos na misión.

– Misións comerciais inversas: modificación das datas ou do lugar de procedencia dos visitantes.

4. A persoa beneficiaria deberá comunicar ao Igape a modificación das condicións establecidas na resolución. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape,

Artigo 18. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Executar as accións que fundamentan a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o Igape, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou, en xeral, as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC) que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión, e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control como a Oficina de Loita contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

d) Durante o período citado na letra anterior, as empresas estarán obrigadas a subministrar, por requirimento do Igape, os datos relativos á evolución da súa actividade exportadora (volume de facturación, servizos ou produtos exportados, países, etc.) e resultados concretos obtidos, para os efectos de realizar as avaliacións oportunas sobre o resultado das accións financiadas.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

f) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien os investimentos subvencionados, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobro da subvención.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

h) No caso de non poder realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido.

i) Comprometerse a aplicar o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2020/852.

j) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e a Unión Europea, segundo o establecido no anexo V das bases reguladoras, durante o período de execución.

k) Facilitar os datos do titular real dos perceptores do financiamento da Unión, no caso de que, requirida a dita información ás autoridades competentes, non poida disporse dela.

l) Aceptar de maneira expresa a resolución de concesión (DECA), segundo o indicado no artigo 15.3 destas bases reguladoras.

n) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. Para a xustificación do proxecto subvencionable e o cobramento da subvención concedida, a persoa beneficiaria, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es

2. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a persoa beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que conforme a lei correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

3. Xunto coa solicitude de cobramento, a persoa beneficiaria da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

As facturas deberán incluír información suficiente para vinculalas co gasto xustificado. No caso das facturas de viaxes e aloxamento, deberán especificar as datas e os nomes dos viaxeiros ou hospedados.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme este se realizou efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe dun auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente. No caso de que a xustificación da execución do proxecto comprenda máis de 20 facturas, a xustificación deberá facerse obrigatoriamente con este informe do auditor.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase achegar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás actividades subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas e, ademais, algún dos seguintes documentos: unha relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, unha orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou xustificante de recepción asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás actuacións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse coa copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Declaración sobre calquera outra axuda recibida e/ou solicitada durante os tres anos anteriores ao da concesión da axuda, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

d) As tres ofertas que deba solicitar o beneficiario, de acordo co establecido no 6 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

e) Calquera soporte dos establecidos no anexo V das bases onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público.

f) Unha breve memoria explicativa que inclúa, como mínimo, un índice das accións realizadas, as datas de execución e os gastos realizados. Os detalles específicos serán desenvolvidos posteriormente en cada informe de execución.

g) Informe de execución individualizado para cada acción segundo o modelo do anexo III, que inclúe un resumo das accións realizadas, obxectivos acadados, lugar de execución e datas e a numeración da documentación específica para cada tipo de acción.

h) Documentación específica segundo o tipo de acción subvencionada.

1º. Accións de promoción internacional:

– Fotografías do stand na feira onde se identifique claramente o nome do expositor e o número de stand.

– Fotografías dos espazos alugados para a celebración do evento expositivo internacional.

– Fotografías ou copia dixital do catálogo expositor, certificado do organizador da feira ou, de ser o caso, da entidade institucional responsable do stand.

– No caso de gastos de asistencia externa en destino para a detección de oportunidades, a realización de axendas, seguimento de contactos ou clientes iniciais ou existentes: deberase achegar un informe asinado polo provedor en que se indique, como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

2º. Accións de competitividade para a internacionalización:

– Para anuncios en prensa escrita: fotos das insercións e detalle dos medios, datas das publicacións e países.

– Para insercións publicitarias dixitais: capturas de pantalla ou ligazóns operativas.

– Para a publicidade en catálogos: fotografías ou copia dixital do catálogo.

– Para a elaboración de catálogos: fotografías ou copia dixital do material realizado.

– No caso de servizos de consultoría para a elaboración de documentos que inclúan a metodoloxía enfocada a descubrir novos mercados internacionais: informe asinado pola empresa provedora en que se indique, como mínimo: situación do beneficiario da axuda –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados.

– No caso de accións de seguimento de contactos: deberase achegar un informe asinado polo provedor en que se indique, como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados. E, de ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

– Documentación acreditativa do rexistro da marca ou patente, certificacións e homologacións no organismo competente do país de destino.

3º. Accións de dixitalización para a internacionalización:

– Para a creación de novas tendas en liña ou adaptación das existentes: documentación gráfica dos gastos realizados, como capturas de pantallas, ligazóns operativas e, cando proceda, comparativa coa versión previa.

– Para a creación e adaptación de catálogos en liña: documentación gráfica do gasto realizado, como exemplar do catálogo (ligazón operativa ou arquivo dixital), captura de pantalla ou acceso á plataforma en que está publicado e, cando proceda, comparativa coa versión previa.

– Para accións de inbound márketing, evidencias das accións realizadas, como descrición do contido creado (por exemplo, blogs, artigos, vídeos ou materiais descargables dirixidos ao público internacional).

– Para as actuacións relacionadas con solucións de analítica e visualización de datos para cadros de mando con KPI, deben achegarse capturas de pantalla ou configuracións das ferramentas, scripts ou tags implementados, así como exemplos ou capturas de pantalla dos cadros de mando utilizados para monitorizar os KPI. Estes deben incluír gráficos e visualizacións que representen métricas clave e, no caso de que sexa aplicable, a segmentación por países ou rexións internacionais.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes.

4. En todos os casos, as persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a persoa beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá achegar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

5. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de perda de dereito ao cobramento da axuda total ou parcial e, de ser o caso, o reintegro das cantidades previamente aboadas.

6. O Igape poderá aceptar variacións entre os importes aprobados para cada unha das accións, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada acción e que, no seu conxunto, non varíe o importe total do gasto aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

Artigo 20. Aboamento das axudas

1. Poderase realizar o pagamento anticipado, como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, ata o 50 % do importe da subvención concedida, sempre que a persoa beneficiaria o solicitase marcando esta opción no anexo I de solicitude, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente. A concesión do anticipo, se é o caso, incluirase na resolución de concesión da axuda. A persoa beneficiaria queda eximida da obriga de constituír garantías, conforme o disposto no artigo 67.4 do Decreto 11/2009.

2. O pagamento final realizarase polo resto do importe da subvención concedida, unha vez cumprido o obxecto para o cal foi concedida, que se xustificará mediante a presentación, na forma e nos prazos previstos nestas bases, da documentación xustificativa do pagamento final establecido no artigo 19.5. Non se poderá realizar, en ningún caso, o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non figure ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias –estatais e autonómicas– e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.

3. O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

Artigo 21. Perda do dereito á subvención e reintegro

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento das accións subvencionadas, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, de concorrencia das causas establecidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, ao deber de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobranza da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actuación e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non facilitar os datos requiridos sobre a actividade exportadora.

d) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e/ou control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou, en xeral, as comprobacións e verificacións que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo ou outras instancias de control, en particular as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC), as auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

e) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.

f) Non acreditar que está ao día nas súas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

g) Cando, como consecuencia do incumprimento, o gasto subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido nestas bases reguladoras para o acceso ás axudas ou supere os criterios para a determinación da perda parcial do dereito ao cobramento da axuda establecidos no artigo 21.4.

h) En relación con outras subvencións e axudas, suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro, do 100 % da subvención concedida:

– A non comunicación ao Igape da súa obtención, cando estas financien as actividades subvencionadas.

– A percepción doutras subvencións públicas incompatibles coa subvención prevista nestas bases reguladoras.

i) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

j) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no anexo V destas bases.

4. Perda parcial do dereito ao cobramento: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión da axuda, o Igape poderá declarar a perda parcial do dereito ao cobramento, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de incumprimento das condicións referentes á contía ou conceptos dos gastos subvencionables, o seu alcance determinarase proporcionalmente a aqueles deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables e deberán, se e o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción.

b) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder, suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro, dun 2 % da subvención concedida.

Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % dos costes directos subvencionables, entenderase que o devandito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

5. Efectuado o pagamento das subvencións polo Igape, o incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

6. Devolución voluntaria da subvención.

De acordo co establecido no artigo 64 do Decreto 11/2009, as persoas beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES83 2080 0388 2731 1000 0584, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente unha copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal consten a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 22. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 23. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias destas axudas someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular o Igape, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou, en xeral, as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC) que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión e, de ser o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control como a Oficina de Loita contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 (RDC).

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis; Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura, e o Regulamento (UE) núm. 1408/2013, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola.

b) Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

c) Regulamento (UE) núm. 2021/1058, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos devanditos regulamentos.

e) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

f) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

g) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

h) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

i) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

j) Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

k) No resto da normativa que resulte de aplicación.

Artigo 26. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección da Área de Internacionalización para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións, instrucións, aclaracións ou interpretacións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento destas bases reguladoras.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Límites gastos de viaxe e aloxamento

Gastos máximos de viaxe subvencionables por persoa e por tramos de distancia entre o país de orixe e o país ou países de destino (terase en conta só unha cidade de destino por país ou países obxecto da actuación).

Distancias cidade de orixe e destino

Importe ida

Importe volta

Entre 100 e 499 km

110,00 €

110,00 €

Entre 500 e 1.999 km

290,00 €

290,00 €

Entre 2.000 e 2.999 km

345,00 €

345,00 €

Entre 3.000 e 3.999 km

570,00 €

570,00 €

Entre 4.000 e 7.999 km

625,00 €

625,00 €

8.000 km ou máis

795,00 €

795,00 €

Fonte límite: distancia desde a cidade de orixe á cidade de destino de celebración das accións, calculada en quilómetros, segundo o calculador establecido pola Comisión Europea para o aboamento dos desprazamentos nos proxectos europeos.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

Gastos máximos de aloxamento e almorzo subvencionables:

Fonte: per diem Comisión Europea. Detalle país na ligazón:

https://international-partnerships.ec.europa.eu/document/download/167fc5d8-015b-4a51-85b1-266891fbcc21_en?filename=per-diem-rates-20241108_en.pdf

(tarifas publicadas en 8.11.2024)

Nos per diem establécense os límites máximos de aloxamento: 80 % do importe total indicado per diem.

ANEXO III

Informe de execución

1. Accións de promoción.

Participación en feiras comerciais internacionais, eventos expositivos internacionais e misións comerciais. No caso de participar en máis dunha actuación, será necesario presentar un informe de execución para cada unha delas.

1.1. Feiras e eventos expositivos internacionais presenciais.

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Feira/evento 1.

Título feira/evento expositivo:

Feira/evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Tipo de evento expositivo: xornada técnica, demostracións, encontro, desfile, participación en concurso ou certame, presentación de produtos, cata, degustación ou similar.

Breve descrición feira/evento: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados.

Breve resumo do desenvolvemento e resultados acadados:

Organizador:

Data inicio:

Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

Nome/s persoa/s que viaxa/n:

Aloxamento:

Nome hotel:

Data entrada:

Data saída:

Cidade hotel:

Per diem país:

Fonte: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

Núm. noites:

Total aloxamento subvencionable:

Viaxe:

Data saída:

Data regreso:

Cidade orixe:

Cidade destino:

Cidade regreso:

Distancia entre cidade orixe e destino:

Fonte: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

Gasto máximo subvencionable:

Fotografía/s stand/evento da empresa solicitante: deberá identificarse claramente o nome da empresa e/ou da marca comercial ou dos produtos ou servizos expostos pola empresa solicitante.

No caso de gastos de construción de stand, decoración ou similares deben apreciarse, ademais, os elementos correspondentes a estes gastos para os que se solicita subvención.

Fotografía/s ou copia dixital do catálogo expositor: (parte que mostre o ano e o título da feira comercial e o nome da empresa solicitante da axuda como expositora).

1.2. Misións comerciais directas.

No caso de varias misións, deberase presentar un informe de execución por cada unha.

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Misión incluída na solicitude da axuda:

Breve descrición misión: alcance e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados.

Data inicio:

Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

Detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas (de ser o caso, deberanse xuntar os informes de consultoría correspondentes a estes servizos.

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Nome/s persoa/s que viaxa/n:

Aloxamento:

Nome hotel:

Data entrada:

Data saída:

Cidade hotel:

Per diem país:

Fonte: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

Núm. noites:

Total aloxamento subvencionable:

Viaxe:

Data saída:

Data regreso:

Cidade orixe:

Cidade destino:

Cidade regreso:

Distancia entre cidade orixe e destino:

Fonte: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

Gasto máximo subvencionable:

No caso de gastos de asistencia externa en destino a realización de axendas: achegar informe asinado polo provedor no que se indique como mínimo: situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados.

De ser o caso, detalle das axendas elaboradas con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

1.3. Misións comerciais inversas.

No caso de varias misións, deberase presentar un informe de execución por cada unha.

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Misión inversa incluída na solicitude da axuda:

Título misión inversa:

Breve descrición da misión/visita recibida:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Organizador:

Data inicio:

Data fin:

País/es de orixe:

Localidade/s galega/s destino:

Aloxamento:

Nome hotel:

Data entrada:

Data saída:

Cidade hotel:

Per diem país:

Fonte: http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

Per diem aloxamento por noitada (80 % per diem país):

Núm. noites realizadas:

Viaxe:

Data saída:

Data regreso:

Cidade orixe:

Cidade destino:

Cidade regreso:

Distancia entre cidade orixe/regreso e destino: fonte: http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

Fotografías que permitan verificar inequivocamente a presenza da/das empresa/s ou prescritores visitantes tanto no interior como no exterior das instalacións da empresa solicitante, ou doutros centros visitados (portos, parques tecnolóxicos, etc.); deberá/n identificarse claramente o/os nome/s do/dos empresas/centros ou eventos visitados.

Axenda da misión inversa.

2. Accións de competitividade internacional.

2.1. Campañas de publicidade en medios de comunicación impresos ou dixitais. No caso de campañas en distintos medios, deberase presentar un informe de execución por cada un deles.

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000€? (si/non).

Título da campaña:

Breve descrición:

Medio/s:

Calendario das insercións:

Data inicio:

Data fin:

País/es de difusión:

Breve resumo da execución:

Fotos das insercións ou ligazóns operativas: (para os efectos de relacionar cada foto coa inserción correspondente, deberase indicar como título cada inserción antes de cada foto ou grupo de fotos).

2.2. Campañas ou Insercións publicitarias en catálogos físicos ou dixitais, e páxinas web de importadores/distribuidores, no estranxeiro.

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Título da campaña:

Breve descrición:

Denominación do catálogo do importador/distribuidor:

No caso de catálogo dixital, copia dixital ou ligazón operativa ao dito catálogo do importador/distribuidor:

Existe relación comercial previa co dito importador/distribuidor?

Identificación do importador/distribuidor: (razón social, NIF (ou equivalente), nome comercial, datos de contacto, nome e cargo da/das persoa/s relacionadas coa solicitante):

Páxina web do importador/distribuidor:

Calendario das insercións:

Data inicio:

Data fin:

País/es de difusión:

Breve resumo da execución:

Fotos, copia dixital ou ligazón operativa a copia do material promocional: (para os efectos de relacionar cada foto coa factura correspondente, deberase indicar -como título- cada factura antes de cada foto ou grupo de fotos).

2.3. Elaboración de catálogos en papel ou dixitais para difusión no estranxeiro.

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Breve descrición (alcance e interese para a empresa, mercados e sectores a que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados):

Breve resumo da execución:

Calendario da difusión do catálogo:

Data inicio:

Data fin:

Número de copias impresas:

Modo de difusión (accións de publicidade, promoción ou prospección en que se utilizou):

País/es de difusión:

Fotos, copia dixital ou ligazón operativa ao do material promocional: (para os efectos de relacionar cada foto coa factura correspondente, deberase indicar –como título– cada factura antes de cada foto ou grupo de fotos).

2.4. Servizos de consultoría.

Núm. expediente:

Solicitante:

Descrición dos servizos prestados:

Data inicio prestación dos servizos:

Data fin prestación dos servizos:

Documento/informe de consultoría que debe vir asinado polo/s provedor/es do servizo. Neste informe debe indicarse como mínimo a situación –antes e unha vez realizada a acción– polo que se refire ao servizo contratado, servizos prestados e resultados obtidos.

Detalle das axendas elaboradas, se é o caso, con identificación das contrapartes, lugar e datas das reunións realizadas.

No caso de consultoría, asistencia xurídica e técnica para a xestión de acordos comerciais internacionais, adaptación a normativas, certificacións, homologacións, rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro, informes FTO, adaptacións de produtos para a súa comercialización no mercado de destino e outros de natureza similar deben achegar a correspondente documentación acreditativa da realización destes servizos e os documentos obtidos como resultado destes servizos.

3. Internacionalización dixital e e-commerce.

Núm. expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 €? (si/non).

Breve descrición das actuacións:

Mercados obxectivo:

Ligazóns ás tendas en liña:

Para a creación de novas tendas en liña ou adaptación das existentes: documentación gráfica do gasto realizado como capturas de pantallas, ligazóns operativas e, cando proceda, comparativa coa versión previa.

Para a creación e adaptación de catálogos en liña: documentación gráfica do gasto realizado como exemplar do catálogo (ligazón operativa ou arquivo dixital), captura de pantalla ou acceso á plataforma en que está publicado e, cando proceda, comparativa coa versión previa.

Para accións de inbound márketing, evidencias das accións realizadas como descrición do contido creado (por exemplo blogs, artigos, vídeos ou materiais descartables dirixidos ao público internacional).

Para as actuacións relacionadas con solucións de analítica e visualización de datos para cadros de mando con KPI, deben achegarse capturas de pantalla ou configuracións das ferramentas, scripts ou tags implementados, así como exemplos ou capturas de pantalla dos cadros de mando utilizados para monitorizar os KPI. Estes deben incluír gráficos e visualizacións que representen métricas clave e, no caso de que sexa aplicable, a segmentación por países ou rexións internacionais.

missing image file
missing image file

ANEXO V

Requisitos de comunicación de la financiación pública

Responsabilidad de la persona beneficiaria.

Las ayudas para la ejecución de acciones de promoción exterior de las empresas gallegas son subvenciones cofinanciadas con fondos de la Unión Europea en el marco del programa Galicia Feder 2021-2027. En relación con la publicidad de la financiación, de conformidad con lo previsto en los artículos 47, 50 y anexo IX del Reglamento (UE) 2021/1060, del Parlamento Europeo y del Consejo, de 24 de junio, durante el período de ejecución del proyecto hasta que finalice el período de justificación de la subvención, reconocerá la ayuda de los fondos europeos a través del Feder, y para ello:

a) En su sitio web oficial, cuando dicho sitio web exista, y en sus cuentas en las redes sociales hará una breve descripción de la operación, de manera proporcionada en relación con el nivel de ayuda, con sus objetivos y resultados, destacando la ayuda financiera de la Unión Europea.

Para cumplir con este requisito puede utilizarse la siguiente imagen:

https://igape.gal/images/01-pymes-autonomos/01-03-internacionalizacion/Cartel_Ayudas_Igape_GEE.pdf

imagen1.pdf

b) En los documentos y materiales de comunicación destinados al público y relacionados con la ejecución de la actuación, proporcionará una declaración que destaque la ayuda de la Unión Europea de manera visible.

El formato que se deberá utilizar es el siguiente:

missing image file

c) Exhibirá en un lugar bien visible para el público, por lo menos, un cartel de tamaño mínimo A3 o una pantalla electrónica equivalente con información sobre la actuación donde se destaque la ayuda de los fondos europeos. En los casos en los que la persona beneficiaria sea una persona física, asegurará, en la medida de lo posible, la disponibilidad de información adecuada donde se destaque la ayuda de los fondos europeos, en un lugar visible para el público o mediante una pantalla electrónica.

El formato que se deberá utilizar es el siguiente:

https://igape.gal/images/01-pymes-autonomos/01-03-internacionalizacion/Cartel_Ayudas_Igape_GEE.pdf

imagen3.pdf

Cuando varias actuaciones tengan lugar en el mismo emplazamiento solo es preciso colocar una placa o cartel.

d) Durante el período de obligatoriedad de conservación de la documentación, la persona beneficiaria deberá conservar, preferentemente en formato digital, una copia de todos los materiales de comunicación y publicidad que elabore en el marco de la actuación.

Este material deberá ser puesto a disposición del organismo intermedio o de las instituciones de la Unión Europea si así se lo solicitan.

e) La persona beneficiaria deberá respetar, en todo momento, las orientaciones recogidas en el documento «Uso del emblema europeo en el contexto de los programas de la UE 2021-2027» (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) y las características técnicas descritas en el anexo IX del Reglamento (UE) 2021/1060 (RDC).