DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 4034

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2026), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG622A).

BDNS (Identif.): 880378.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880378

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880737 (minimis pesca)

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880738 (minimis agrícola)

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as empresas, incluídos os autónomos, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia e que conten no devandito centro con, polo menos, un traballador por conta allea, na data de publicación destas bases de axudas no DOG. Este último requisito non será de aplicación a startups que conten con certificación de Enisa en vigor nin ás empresas constituídas con menos de 42 meses de antigüidade na citada data. As accións de internacionalización solicitadas deberán estar directamente vinculadas ás actividades desenvolvidas no centro de traballo radicado en Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización, cun informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. No caso de non estaren inscritas, deberán solicitar a alta a través do procedemento IG192 antes da data de presentación da solicitude.

d) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

e) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar e incentivar accións de promoción exterior que melloren a competitividade das empresas galegas e reforcen a súa presenza nos mercados internacionais.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2026), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG622A).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 e polo seguinte importe e anualidade: 9.000.000 € con cargo ao ano 2026.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o oitavo día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas, e rematará o 30 de setembro de 2026, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025

Ainhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica