BDNS (Identif.): 880641.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880641
Primeiro. Persoas beneficiarias
As pequenas e medianas empresas (pemes) que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas bases reguladoras. Consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 e con forma xurídica de sociedade mercantil, cooperativa ou ben como persoa autónoma.
Segundo. Obxecto
O obxecto destas bases reguladoras é a concesión de axudas para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:
– Proxectos de investimento empresarial cun investimento subvencionable entre 800.000 € e 10.000.000 €.
– Proxectos de investimento igual ou superior a 100.000 €, cunha creación de emprego de 25 ou máis postos de traballo de carácter indefinido a tempo completo.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para atracción de empresas a Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027-2028-2029 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408H).
Cuarto. Importe
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 e cos seguintes importes e distribución plurianual: 4.740.000 €, con cargo ao ano 2026; 9.000.000 €, con cargo ao ano 2027; 10.000.000 €, con cargo ao ano 2028, e 10.000.000 €, con cargo ao ano 2029.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o oitavo día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e finalizará ás 14.00 horas do 30 de setembro de 2026, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025
Ainhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica
