No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense tramítase o recurso 249/25 (procedemento abreviado), interposto por Guadalupe Prado Fidalgo, contra a Resolución do 22 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización de listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario, entre elas, a categoría de fisioterapeuta (DOG núm. 179, do 17 de setembro).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
