DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2026 Páx. 4857

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 39, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 11 de decembro de 2025 (DOG núm. 240, do 12 de decembro), modificada pola Resolución do 17 de decembro de 2025 (DOG núm. 245, do 19 de decembro), ao que foi convocado o persoal laboral fixo que superou o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 39, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 39, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución e adxudicarlles como destino definitivo o que figura no mesmo anexo.

Para adquirir a condición de persoal laboral fixo, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun (1) mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os cesamentos deberán efectuarse o día 19 de xaneiro de 2026.

No caso de que as persoas aspirantes se atopen en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categ

Observacións

1

***9176**

Miniño Rodríguez, Venancio

3

MRC995019036001120

Técnico/a forestal SPDCIF brigada helitransportada

MR

Distrito forestal: XIX-Caldas-O Salnés

Servizos periféricos

Pontevedra

II

39

B10//B11//B14//B18//

Apoio campaña de verán alto risco//B12=814,14 €

2

***7533**

Castro Lorenzo, Constantino

4

MRC995014032840120

Técnico/a forestal SPDCIF brigada helitransportada

MR

Distrito forestal: XIV-Verín-Viana

Servizos periféricos

Verín

II

39

B10//B11//B14//B18//

Apoio campaña de verán alto risco//B12=814,14 €

3

***5874**

Arriba Polín, Pedro José de

1

MRC995008027300121

Técnico/a forestal SPDCIF brigada helitransportada

MR

Distrito forestal: VIII-Terra de Lemos

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

II

39

B10//B11//B14//B18//

Apoio campaña de verán alto risco//B12=814,14 €

4

***9508**

García López, José Ángel

5

MRC995014032840121

Técnico/a forestal SPDCIF brigada helitransportada

MR

Distrito forestal: XIV-Verín-Viana

Servizos periféricos

Verín

II

39

B10//B11//B14//B18//

Apoio campaña de verán alto risco//B12=814,14 €

5

***7867**

García Caíña, María José

2

MRC995008027300120

Técnico/a forestal SPDCIF brigada helitransportada

MR

Distrito forestal: VIII Terra de Lemos

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

II

39

B10//B11//B14//B18//

Apoio campaña de verán alto risco//B12=814,14 €