Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 11 de decembro de 2025 (DOG núm. 240, do 12 de decembro), modificada pola Resolución do 17 de decembro de 2025 (DOG núm. 245, do 19 de decembro) ao que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (DOG núm. 170, do 3 de setembro), pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.
Segundo. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, convocado pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (DOG núm. 170, do 3 de setembro) e pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 243, do 26 de decembro).
Terceiro. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 19 de xaneiro de 2026.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun (1) mes e deberá computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou o proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que foi convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), será dun (1) mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Elección de destino definitivo do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais
|
Nº orde de elección de destino |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Observacións |
|
1 |
***4076** |
Aneiros Chao, José Carlos |
15 |
MRC995014132840078 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Verín |
Servizos periféricos |
Verín |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
2 |
***6842** |
Nogueira Caramés, José Luis |
12 |
MRC995016136240066 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Deza |
Servizos periféricos |
Lalín |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
3 |
***2226** |
Luis Martínez, Diego de |
7 |
MRC995008227160064 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Chantada |
Servizos periféricos |
Chantada |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
4 |
***3803** |
Cerqueiras Saborido, Sergio |
9 |
MRC995001115350057 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Ferrol |
Servizos periféricos |
Ferrol |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
5 |
***1299** |
Domínguez Gil, Daniel |
10 |
MRC995018236530070 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Baixo Miño |
Servizos periféricos |
Tomiño |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
6 |
***1170** |
Couce Cabana, Augusto |
22 |
MRC995001315680058 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Eume |
Servizos periféricos |
Pontedeume |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
7 |
***3226** |
Puga Barreiro, Marcos |
5 |
MRC995011132190067 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: O Carballiño |
Servizos periféricos |
O Carballiño |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
8 |
***7625** |
Sánchez Román, Pablo Vicente |
19 |
MRC995017136300251 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada helitransportada |
MR |
Comarca Forestal: O Condado (Mondariz) |
Servizos periféricos |
Mondariz |
C1 |
21 |
Horario especial/Proba física pack test (R.I.) |
|
9 |
***8855** |
Infante Tenreiro, Juan Esteban |
3 |
MRC995007127060071 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Os Ancares |
Servizos periféricos |
Becerreá |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
10 |
***7961** |
Fernández Monteagudo, Francisco |
11 |
MRC995007227180064 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: A Fonsagrada |
Servizos periféricos |
A Fonsagrada |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
11 |
***3582** |
Expósito López, Abel |
4 |
MRC995013132090260 |
bombeiro/a forestal xefe/a brigada helitransportada |
MR |
Comarca Forestal: Terra de Valdeorras |
Servizos periféricos |
O Barco de Valdeorras |
C1 |
21 |
Horario especial/Proba física pack test (R.I.) |
|
12 |
***7719** |
Carballo Valcarce, José Manuel |
1 |
MRC995010227280033 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Meira |
Servizos periféricos |
Meira |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
13 |
***3788** |
López Fernández, David |
21 |
MRC995008327490052 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Quiroga |
Servizos periféricos |
Quiroga |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
14 |
***6410** |
Reboiro López, José Manuel |
8 |
MRC995013132090039 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Terra de Valdeorras |
Servizos periféricos |
O Barco de Valdeorras |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
15 |
***2563** |
Núñez Álvarez, Hilario |
13 |
MRC995013232230073 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Terra de Caldelas - Terra de Trives |
Servizos periféricos |
Castro Caldelas |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
16 |
***3088** |
Dos Santos Sarmiento, Víctor |
23 |
MRC995014132840077 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Verín |
Servizos periféricos |
Verín |
C1 |
20 |
Horario especial |
|
17 |
***6208** |
Castro García, Ana Belén |
6 |
MRC995003115580072 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
MR |
Comarca Forestal: Ordes-Santiago |
Servizos periféricos |
Ordes |
C1 |
20 |
Horario especial |
