DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2026 Páx. 5003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 23 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2024/17-2).

Con data do 18 de setembro de 2025 o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Cambio de sección na LMTA CHA815 entre os apoios núm. D14 e núm. 54 (Chantada).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Chantada, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia, do 8 de novembro de 2024, e no Diario Oficial de Galicia, do 27 de novembro, para que comparezan o día 12 de marzo de 2026 no Concello de Chantada, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ás persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Chantada estará exposta a data do levantamento das actas. Todas as persoas interesadas, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Asi mesmo, advírteselles a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 23 de decembro de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Pol.

Parc.

Lugar

Natureza do terreo

Propietario

Data das actas

Hora

7

42

143

Rigueiro

Prado

Bispado de Lugo

12.3.2026

10.00

8

42

101

Lama Damedo

Labor

José Luis Areán Fernández e irmá

10.00

9

42

43

Cabanas

Labor

María Areán Fernández e esposo

10.00

10

42

44

Cabanas

Labor

María Areán Fernández e esposo

10.00

14

40

315

Gandariña

Prado

Santiago Luis Negral González

11.00

15

40

203

Folladas

Prado

Antonio Barredo Otero e esposa

11.15

16

40

316

Porto

Prado

Antonio Barredo Otero e esposa

11.15

18

39

122

Rizola

Prado

Hdros. de Avelino Moure Regal

11.45

18/1

39

123

Rizola

Prado

María Luisa Méndez Ferreirós

12.00

18/2

39

124

Rizola

Prado

Javier Taboada Rodríguez

12.00