DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2026 Páx. 5005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello de Ourense (expediente IN407A 2023/54-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Proxecto modificado 1 da LMTA, LMTS, CTC e RBTS no Cumial e Muíño do Camba, no local da Asociación de Veciños de Laxas das Curuxeiras (concello de Ourense), segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer neste acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 29 de decembro de 2025

A directora territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe de Servizo de Industria

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/54-3.

Instalación: Proxecto modificado 1 da LMTA, LMTS, CTC e RBTS no Cumial e Muíño do Camba.

Concello: Ourense.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 3 de febreiro de 2026.

Lugar: local da Asociación de Veciños de Laxas das Curuxeiras.

Hora: véxase táboa.

Nº de predio

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

2

San Sellao

32900A173001510000LR

Descoñecido/a

11.45

3

Serra Coterón

32900A173003300000LG

Descoñecido/a

11.50

4

Rúa Cuartel

6738502NG9863N0000ZG

Descoñecido/a

11.55

5

Serra Coterón

32900A173002480000LI

Descoñecido/a

12.00

6

Serra Coterón

32900A173002450000LR

Descoñecido/a

12.05

7/1

Serra Coterón

32900173003220000LH

Descoñecido/a

12.25

8

Rúa Cuartel

6738510NG9863N0000BG

Descoñecido/a

12.30