De conformidade co disposto no artigo 90.d) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade da persoa titular do predio afectado, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselle á persoa interesada a resolución dos trámites previos da investigación da titularidade do predio afectado polo polígono agroforestal de iniciativa pública de Mirallos, no concello da Peroxa (Ourense).
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE:
a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electronica, pode solicitar se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025
María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO I
Persoa interesada á cal, logo de intentada a notificación, esta non se puido efectuar:
|
Referencia catastral |
Nome e apelidos |
|
Carmen Pereira Vázquez |
