DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2026 Páx. 5254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 19 de decembro de 2025 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas no expediente de resolución do procedemento de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas do polígono agroforestal de iniciativa pública de Graña de Seoane, no concello de Montederramo (Ourense) (expediente PA-22-12).

De conformidade co disposto no artigo 90.d) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade das persoas titulares dos predios afectados, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución dos trámites previos da investigación da titularidade dos predios afectados polo polígono agroforestal de iniciativa pública de Graña de Seoane, no concello de Montederramo (Ourense).

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE:

a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, núm. 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Persoas interesadas ás cales, logo de intentada a notificación,
non se lles puido efectuar

Referencia catastral

Nome e apelidos

32050A1******3****TF

Juan José Álvarez Diéguez

32050A1******5****TM

Juan José Álvarez Diéguez