De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles ao denunciados cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro de Portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A instrución do expediente recae no xefe de División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para estes efectos en praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sendo o seu réxime de abstención e recusación o consignado nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días contado desde o día seguinte ao da publicación destes acordos, para formular alegacións e, de ser o caso, propoñer proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretenda valer e citando o número de expediente.
Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.
De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolucións.
Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolveranse os procedementos coa imposición da sanción que proceda.
Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.
Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días contado desde a publicación destes acordos para identificar o condutor, no caso de que non fosen vostedes os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, e indicar o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e, igualmente, cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025
Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
DNI denunciado |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
Sanc. 12 19-25-62 2684-HLZ PAFIF |
32672118C |
Estacionamento prohibido 3.8.2025; 11.25 horas; Malpica A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12 21-25-36 0488-LNF PAFIF |
32810383D |
Estacionamento prohibido 21.8.2025; 11.58 horas; Laxe A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12 21-25-38 7236-JCL PAFIF |
72247236G |
Estacionamento prohibido 21.8.2025; 10.57 horas; Laxe A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12 21-25-42 4873-LVM PAFIF |
09446617B |
Estacionamento prohibido 22.8.2025; 11.03 horas; Laxe A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-38-25-75 3945-KXK PAFIF |
33265734Y |
Estacionamento prohibido 16.9.2025; 11.23 horas; Muros A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-25-247 1798-GRV Gardapeiraos |
11066700C |
Estacionamento prohibido 8.8.2025; 14.10 horas; Ribeira A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-25-255 6716-LFG Garda Civil |
33224162H |
Estacionamento prohibido 21.8.2025; 13.48 horas; Ribeira A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-25-259 8032-LWP PAFIF |
53796412X |
Estacionamento prohibido 23.8.2025; 9.30 horas; Ribeira A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-55-25-01 4256-HSM PAFIF |
22916568N |
Estacionamento prohibido 7.9.2025; 12.26 horas; Rianxo A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-55-25-02 3661-CTM PAFIF |
78859692Y |
Estacionamento prohibido 7.9.2025; 12.24 horas; Rianxo A Coruña |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-20-25-80 8022-KWL Gardapeiraos |
71229268Q |
Estacionamento prohibido 28.8.2025; 12.20 horas; Cangas Pontevedra |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-21-25-21 5405.MNL Gardapeiraos |
61679389E |
Estacionamento prohibido 27.8.2025; 9.45 horas; Moaña Pontevedra |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
