O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo 1
Dar publicidade á relación dos convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2025, que se incorpora no anexo I desta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO I
Convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2025
|
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total (€) |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Inibic para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2025-2026. |
3.9.2025 |
589.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2025-2026. |
4.9.2025 |
756.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida para a elaboración da Estratexia de excelencia da biotecnoloxía en Galicia 2026-2030. |
4.9.2025 |
70.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Agencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC), para o desenvolvemento de programas de I+D+i nos institutos de investigación do CSIC e nos centros oceanográficos do Instituto Español de Oceanografía (CSIC-IEO), centro nacional do CSIC, radicados na Comunidade Autónoma de Galicia no período 2025-2026. |
9.9.2025 |
1.257.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2025-2026. |
9.9.2025 |
140.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Fundación Kaertor, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Inibic e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur para a realización do programa de Biotecnoloxía aplicada á saúde dentro dos plans complementarios de I+D+i do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
11.9.2025 |
Sen achega económica |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Fundación Kaertor, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Inibic e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur para instrumentar a achega de Galicia ao desenvolvemento do programa de Biotecnoloxía aplicada á saúde dentro dos plans complementarios de I+D+i do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. |
16.9.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2025-2026. |
18.9.2025 |
389.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación, a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para instrumentar a concesión dunha subvención por parte da Axencia Galega de Innovación e fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do programa Horizon Europe. |
24.10.2025 |
250.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para o cofinanciamento da participación da Universidade de Santiago de Compostela no nó español do consorcio de infraestruturas de investigación europeas «EU-Openscreen-Eric», dedicada á investigación en bioloxía química. |
30.10.2025 |
33.603,73 € |
|
Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster en Ciencia e Tecnoloxías de Información Cuántica (MQIST). |
30.10.2025 |
9.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC) para instrumentar a concesión dunha subvención por parte da Axencia Galega de Innovación ao persoal investigador principal gañador dunha axuda do programa do Consello Europeo de Investigación (ERC) no marco do programa Horizon Europe. |
9.12.2025 |
200.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC) para instrumentar a concesión dunha subvención por parte da Axencia Galega de Innovación destinada a complementar as axudas ao persoal investigador principal gañador dunha axuda do programa do Consello Europeo de Investigación (ERC) no marco do programa Horizon Europe. |
9.12.2025 |
243.750,00 € |
|
Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia Galega de Innovación para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de grao e máster universitario oficial impartidas na Facultade de Xeografía e Historia. |
18.12.2025 |
Sen achega económica |
