DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2026 Páx. 5674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, do traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación dunha instalación eléctrica no concello de Taboada (expediente IN407A 2024/75-ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CHA813 no treito entre o apoio núm. 69-100 e o CT 27C059 (Taboada).

Lugo, 26 de decembro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2024-75-ATE.

Denominación: Regulamentación LMTA CHA813 no treito entre o apoio núm. 69-100 e o CT 27C059 (Taboada).

Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Taboada.

Núm. do predio

Pol.

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio

ml aéreos

m² aéreos

19

135

153

Leira de Modesta

Monte baixo

Descoñecido

11

176

23

135

329

Perna Branca

Monte baixo

Descoñecido

15

238.0