De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación electrónica, esta non se puido efectuar.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor un recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social do Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren integramente o contido da resolución e recolleren o documento de pagamento.
Advírteselles que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberán aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.
Expediente: 2025/108 (Acta: I272025000021526).
Data da resolución: 28 de novembro de 2025.
Empresa: Pena Pérez, Esther.
Enderezo: rúa Seoane, 38, 3º B, Antas de Ulla (Lugo).
Lugo, 30 de decembro de 2025
Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo
