O Consello Social da Universidade da Coruña, no Pleno que tivo lugar o 18 de decembro de 2025, e de conformidade co disposto no artigo 46.1.f) da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e no artigo 4.c) da Lei 1/2003, do 9 de maio, de consellos sociais do Sistema universitario de Galicia, acordou aprobar o orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2026.
Este reitorado, conforme o disposto no artigo 57.1 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, resolve publicar o citado orzamento, que acada unha contía inicial no estado de ingresos e gastos de 184.281.292,95 €.
A Coruña, 12 de xaneiro de 2026
Ricardo Cao Abad
Reitor da Universidade da Coruña
ANEXO
Clasificación económica
Resumo por capítulos
|
Ingresos |
2026 |
|
Capítulo III: Taxas, prezos públicos e outros ingresos |
13.734.867,02 |
|
Capítulo IV: Transferencias correntes |
116.150.228,86 |
|
Capítulo V: Ingresos patrimoniais |
395.000,00 |
|
Capítulo VI: Alleamento de investimentos reais |
3.000.000,00 |
|
Capítulo VII: Transferencias de capital |
51.001.196,07 |
|
Capítulo VIII: Activos financeiros |
1,00 |
|
Total orzamento de ingresos 2026 |
184.281.292,95 € |
|
Gastos |
2026 |
|
Capítulo I: Gastos de persoal |
119.696.602,37 |
|
Capítulo II: Gastos correntes en bens e servizos |
19.090.997,22 |
|
Capítulo III: Gastos financeiros |
120.000,00 |
|
Gastos |
2026 |
|
Capítulo IV: Transferencias correntes |
6.332.602,82 |
|
Capítulo V: Fondo de continxencia |
580.000,00 |
|
Capítulo VI: Investimentos reais |
38.461.090,54 |
|
Capítulo IX: Pasivos financeiros |
0,00 |
|
Total orzamento de gastos 2026 |
184.281.292,95 € |
