DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2026 Páx. 5644

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2026 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do terceiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorporan como anexo a esta resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2026

Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO

Convenio

Importe

Data da sinatura do convenio

Convenio de colaboración entre o IGCC e a FEGAMP para o reforzo da oficina de consumo con que conta a FEGAMP, co obxecto de mellorar os servizos de información ás persoas consumidoras nos concellos galegos de menos de 10.000 habitantes ou que carecen de oficina municipal de información ao consumidor.

11.000 €

22.9.2025

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a asociación FACUA Galicia, para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

25.000

24.10.2025