Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 14 de outubro de 2025, apróbase inicialmente o Plan especial de reforma interior (PERI) (AR-SU-SR.1) rúa da Charrúa, San Roque, coa finalidade de ordenar un pequeno ámbito delimitado no Plan xeral de ordenación municipal para dar saída á rúa da Pataca cara á estrada da Deputación DP-2901-rúa do Muíño, a través dunha nova rúa que se denomina Travesía da rúa da Pataca. Ademais obtense unha pequena parcela de equipamento deportivo para uso público.
De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia, durante os que as persoas interesadas poderán presentar alegacións.
Así mesmo, suspéndese o outorgamento de licenzas nas áreas afectadas polo plan especial, de conformidade cos artigos 47 da Lei 2/2016 e 86 do seu regulamento de desenvolvemento.
O dito documento pode consultarse na seguinte ligazón https://drive.google.com/drive/u/3/folders/1ua6Mlpm_YpO8XdDz_mZDsair03C1bEXd que se expón na sede electrónica deste concello (https://sede.coristanco.gal/sxc/es/informacion/tablon/).
Coristanco, 16 de decembro de 2025
Juan Carlos García Pose
Alcalde
