DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2026 Páx. 5705

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público do ano 2025.

En cumprimento do establecido nos artigos 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público, 48.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, 5 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios de Administración local, e 20.tres.3 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, faise público que polo Decreto do alcalde 958/2025, do 26 de decembro,

SE ACORDOU:

Aprobar a seguinte oferta de emprego público do Concello de Padrón para o ano 2025 de acordo co orzamento municipal e o cadro de persoal aprobados conxuntamente co orzamento municipal para o ano 2025:

Funcionarios de carreira

Grupo

Clasificación

Denominación

Acceso

Núm.vacantes

Reserva persoas con discapacidade

C1

Escala de Administración especial.

Subescala servizos especiais.

Clase policía local.

Escala básica, categoría oficial.

Oficial xefe da policía local.

Mobilidade

1

---

C1

Escala de Administración especial.

Subescala servizos especiais.

Clase policía local.

Escala básica, categoría policía.

Policía.

libre

2

---

Total funcionarios de carreira

3

---

Persoal laboral

IV

Oficial.

Oficial de obras e servizos.

Libre

1

---

V

Peón condutor.

Peón condutor de obras e servizos.

Libre

1

1

Total persoal laboral

2

---

Total

5

---

Contra a resolución indicada, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer:

– Potestativamente o recurso de reposición, no prazo máximo dun mes desde o día da publicación da presente resolución no Boletín Oficial da provincia da Coruña, ante o mesmo órgano que ditou o acto impugnado.

– Con posterioridade á resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, ou ben directamente, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses desde o día da publicación da presente resolución no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

– O recurso extraordinario de revisión, segundo o previsto no artigo 113 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou calquera outro que xulgue procedente.

Padrón, 26 de decembro de 2025

Anxo Rei Arca
Alcalde