No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 215, do 10 de novembro de 2025, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover as prazas de persoal funcionario e persoal laboral fixo que se indican a seguir:
– Catro prazas de auxiliar de SAF, persoal laboral fixo, acceso libre, polo sistema de concurso.
– Unha praza de administrativo/a, persoal funcionario, acceso libre, polo sistema de concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 247, do 26 de decembro de 2025, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover as prazas de persoal laboral fixo que se indican a seguir:
– Unha praza de administrativo/a de servizos sociais, persoal laboral fixo, promoción interna, polo sistema de concurso.
– Unha praza de operario/a de maquinaria municipal, persoal laboral fixo, promoción interna, polo sistema de concurso.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG.
Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nestas.
San Sadurniño, 26 de decembro de 2025
Secundino García Casal
Alcalde
