Mediante a Resolución da Alcaldía, do 22 de outubro de 2025, foi aprobada a corrección de erros da oferta de emprego público do exercicio 2023 do persoal deste concello (publicada inicialmente no BOPPO do 6 de febreiro de 2023 e no DOG do 20 de febreiro de 2023) e esta corrección no BOPPO do 29 de outubro de 2025, co seguinte contido:
Corrixir o punto primeiro do texto da Resolución de aprobación da OPE 2023, de maneira que no cadro de prazas de acceso libre do persoal funcionario, onde di: «Oficial/a administrativo/a de tesourería»; debe dicir: «Oficial administrativo».
Tomiño, 30 de outubro de 2025
Sandra González Álvarez
Alcaldesa
