De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase por medio deste anuncio a persoa titular do NIF 76272902A, para ser notificada por comparecencia da proposta de Resolución do 17 de decembro de 2025 ditada no procedemento sancionador en materia de dominio público hidráulico no expediente DH.D15.81864.
En cumprimento do artigo 46 da LPACAP, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico dgc.augas@xunta.gal ou no teléfono 981 54 47 26.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2026
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
