DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2026 Páx. 5686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se deixa sen efecto a publicación no Diario Oficial de Galicia número 6, do 12 de xaneiro de 2026, do Anuncio do 12 de decembro de 2025 polo que se somete a información pública o expediente de extinción polo vencemento do prazo de concesión de augas (expediente DH.A36.13308 e once máis).

Advertidos erros no texto e no anexo do anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 6, do 12 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se somete a información pública o expediente de extinción polo vencemento do prazo de concesión de augas (expediente DH.A36.13308 e once máis),

RESOLVO:

Deixar sen efecto o Anuncio do 12 de decembro de 2025, publicado no Diario Oficial de Galicia número 6, do 12 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se somete a información pública o expediente de extinción polo vencemento do prazo de concesión de augas (expediente DH.A36.13308 e once máis).

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións