No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 246/2025, do 24 de decembro, e na sede electrónica do Concello de Vedra (https://sede.vedra.es), publicáronse a convocatoria e as bases que deberán rexer, polo sistema de concurso-oposición, os procesos selectivos en quenda de promoción interna que a seguir se indican:
Funcionarios:
|
Denominación |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Quenda |
Prazas |
|
Técnico/a da Admón. xeral |
A1 |
Administración xeral |
Técnica |
Promoción interna |
1 |
|
Técnico/a de xestión |
A2 |
Administración xeral |
Xestión |
Promoción interna |
1 |
|
Administrativo/a |
C1 |
Administración xeral |
Administrativa |
Promoción interna |
2 |
Persoal laboral fixo:
|
Denominación |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Quenda |
Prazas |
|
Administrativo/a |
C1 |
Administración xeral |
Administrativa |
Promoción interna |
1 |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no BOP da Coruña e na sede electrónica municipal.
Vedra, 26 de decembro de 2025
Carlos Martínez Carrillo
Alcalde
