No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 247/25, do 26 de decembro de 2025, e na sede electrónica do Concello de Vedra (https://sede.vedra.es) publicouse a convocatoria do concurso-oposición restrinxido para o acceso á función pública do persoal laboral deste concello, así como as bases íntegras para a funcionarización das seguintes prazas:
|
Denominación |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Quenda |
Prazas |
|
Técnico/a local de emprego e servizos |
A2 |
Administración especial |
Técnica |
Funcionarización |
1 |
|
Axente de desenvolvemento local |
A2 |
Administración especial |
Técnica |
Funcionarización |
1 |
|
Arquitecto/a técnico/a |
A2 |
Administración especial |
Técnica |
Funcionarización |
1 |
No BOP núm. 4/26, do 8 de xaneiro de 2026, publicouse unha corrección de erros das citadas bases.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP da Coruña e na sede electrónica municipal.
Vedra, 12 de xaneiro de 2026
Carlos Martínez Carrillo
Alcalde
